O cribado masivo para detectar casos de coronavirus na UVigo xa está en marcha

Publicidad

Xunto á decisión de retomar as clases de forma presencial, co obxetivo de que a actividade lectiva e laboral tras as vacaciones de Nadal transcurra coa maior seguridade posible, a UVigo puxo en marcha un cribado masivo a través de PCR por saliva para o PDI e o PAS que deu comezó este luns pola tarde. Neste proceso poderán participar un total de 2.800 personas, incluíndo o persoal de administración e servizos, o docente e investigador e todas as demais modalidades de contratos de investigacións, de predoutoramento, con financiamento de Xunta de Galicia ou do Estado, entre outros.

Todo o persoal que desexe participar no cribado poderá solicitar os tubos para a recollida de mostras de saliva para a realización dos tests PCR nas conserxerías dos tres dos tres campus ó longo da xornada deste martes, 11 de xaneiro. A recollida de mostras realizarase o mércores 12 de xaneiro da seguinte maneira: as persoas participantes deberán rexistrarse na aplicación poolingvigo.com e, posteriormente, depositar o tubo nas gradillas habilitadas nas consexerías das escolas, facultades e centros de traballo. Ademáis, na páxina web da Vicerreitoría de Planificación pode consultarse un vídeo titorial (facendo clic aquí) sobre cómo facer a recollida da mostra.

As personas que non poidan acudir aos seus centros por algún motivo, poderán entregar, de xeito excepcional, a súa mostra nos seguintes puntos de referencia: edificio Exeria no campus de Vigo; a Escola de Enxeñaría Industrial, sede cidade; a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no campus de Pontevedra e o Edificio de Ferro no campus de Ourense.

Por outra banda, dende a Fundación Biomédica indican que, dada a elevada sensibilidade da proba de saliva, é altamente recomendable que todas as persoas diagnosticadas de infección por coronavirus durante os últimos 30 días, non participen no cribado. En canto ao alumnado, unha vez rematados os exames, retomaranse as mostraxes xerais ou centradas naquelas aulas nas que aparezan contaxios.

Salir de la versión móvil