David Amor saborea a primeira cervexa da noite. Aínda quedan case dúas horas para que comece o monólogo co que abarrotou o pasado xoves o Progreso 41 Urban Market. O cómico galego atende a Metropolitano.gal no lugar no que minutos máis tarde un centenar de personas sorriron co seu espectáculo "Fóra de sitio", un show no que o propio David Amor xa advertiu que sería unha "jam session". O humorista lembrou como foi o seu primeiro chiste e tamén se mollou en temas tan polémicos como os límites do humor á vez que definiu a Abel Caballero como "unha mina de ouro" para os cómicos.
Na conversa con Metropolitano.gal, o humorista galego volveu amosar o seu desexo de conducir un "late night" e descartou formar parte nun futuro das listas dalgún partido político. David Amor foi tallante. "Non podería ser ministro; tería que borrar demasiados tuits", afirmou entre risas.
O humorista volveu a vigo dentro do ciclo de monólogos que cada xoves de febreiro acolle o Espazo Mahou do Urban Market do Progreso. Esta serie de monólogos chega ao seu ecuador tralo seu espectáculo. De momento, tanto o cómico nado en Salceda de Caselas como o guionista do programa "La Resistencia", Danny Boy-Rivera, esgotaron todas as invitacións. Os amantes do humor en Vigo e a súa área metropolitano aínda poden gozar de dúas citas máis: o que ofrecerá Quique Matilla o día 21 e a que protagonizará Ledicia Sola o xoves 28 de febreiro.