Denuncian a falta de avances na descontaminación do lindano no Porriño

Publicidad

Ecoloxistas en Acción vén de denunciar que "a pesar dos reiterados anuncios do inicio dos traballos de descontaminación feitos pola Xunta de Galicia, o certo é que máis de cinco anos despois da nova aparición de lindano no barrio do Contrasto aínda non se descontaminou absolutamente nada".

Destacan que "nin siquera se actuou para selar a celda de seguridade do Parque do Lindano a cal ten fugas de auga contaminada". Os ecoloxistas subliñan que na reunión celebrada esta semana, o equipo técnico da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente recoñeceu que está "desbordado por falta de persoal" e que a pesar das actuacións comprometidas nestes momentos "non hai dotación económica para licitar a execución do proxecto de descontaminación do Contrasto".

Ademais Ecoloxistas en Acción alerta que non se están cumprindo "nin tan siquera" pequenos compromisos como a posta en funcionamento da páxina web que se anunciou para setembro deste ano. Unha web que permitiría facilitar o acceso á información actualizada sobre a situación e distintas actuacións e plans de descontaminación. Por último, lamentan que o protocolo de alerta ante posibles novos focos de residuos tampouco entrou en vigor e "só hai un borrador".

Salir de la versión móvil