Denuncian a precariedade que padece o persoal que fai o cribado da COVID no Álvaro Cunqueiro

Feijóo, no laboratorio de microbioloxía do Álvaro Cunqueiro o ano pasado // XUNTA

Publicidad

A federación de Saúde da CIG denuncia a presión e a precariedade laboral que padecen os traballadores encargados de realizar o procesamento agrupado de mostras -coñecido como "pooling"- no cribado da COVID19 no hospital Álvaro Cunqueiro. O presidente da Xunta visitou onte o novo laboratorio de microbioloxía que se que vén de poñer en marcha baixo a xestión da Fundación Biomédica Galicia Sur, entidade que o sindicato denuncia que é privada e cuxo persoal carece de convenio que regula as súas condicións de traballo.

Dende a central sindical sinalan que os profesionais que levan a cabo estas tarefas están a soportar unha presión insostíbel “agravada pola gran eventualidade dos seus contratos, moitos deles renovados de 15 en 15 días”.

Lembran que esas instalacións son xestionadas pola Fundación Biomédica Galicia Sur, "entidade privada por decisión do actual Goberno do PP" a pesar de facer o seu traballo de apoio a investigación nun ámbito público. “O persoal desta Fundación carece de convenio que regule as súas condicións laborais polas continuas trabas que a Consellería de Sanidade leva poñendo dende hai dous anos”.

Diante disto, a CIG-Saúde esixe que o persoal do Sergas que desenvolve as técnicas diagnósticas da COVID (técnicas/os de laboratorio, médicas/os, persoal administrativo, etc) teña contratos estábeis e unhas condicións de traballo dignas. Mais tamén reclaman retomar as negociacións do convenio laboral do persoal da Fundación, “e que esta sexa convertida nunha entidade pública”.

Salir de la versión móvil