Denuncian en Vigo "censura" da Xunta por "eliminar" a estrela na bandeira do seu cartel das Letras Galegas

O profesorado do grupo de traballo do IES Castelao de Vigo, que resoltou gañador do Concurso-Exposición sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, denuncia a "censura" por parte de Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia ao "impoñer" unha modificación no proxecto sen o consentimento das súas autoras e autores.

"Queremos poñer en coñecemento da opinión pública o que consideramos unha vulneración inaceptable dos dereitos de propiedade intelectual e un intento de ocultación do contexto ideolóxico da autora", afirma o profesorado do centro educativo nunha carta remitida aos medios de comunicación este martes.

Explican que despois de outorgarlle o premio do concurso e antes da exposición deste traballo en centros de ensino galegos e estranxeiros, a Secretaría "acordou con nós unha serie de modificación que aceptamos na súa maioría". Porén, había unha que non aceptaron, a eliminación da bandeira galega coa estrela que figuraba nunha das ilustracións.

Afirman que o profesorado participante na elaboración do proxecto "negouse a súa eliminación" xa que o consideran "parte do período vital da figura e necesaria para a súa comprensión". Sinalan que, seguindo as palabras da académica da RAG Ana Romaní na biografía de Begoña Caamaño "a dimensión política está sempre na lectura da realidade de Begoña Caamaño, tanto no xornalismo como na ficción".

O profesorado explica que dada a insistencia do persoal técnico, "aceptamos revisar unha proposta de modificación por parte da Secretaría que nunca nos foi enviada". Engaden que, unha vez publicado o traballo, "constatamos a eliminación da estrela e incluso a deturpación da bandeira, polo que lle solicitamos á Secretaría unha explicación argumentada, amparándonos na Lei de Propiedade Intelectual" y consideran que "o seu proceder vulnera a citada lei e as propias bases do concurso".

Na carta sinalan que a resposta "escusa o feito como parte dos 'axustes establecidos' e como un erro da imprenta a deformación da bandeira". Lamentan que non explican porque nunca foi enviada a proposta alternativa "nin xustifica a vulneración da Lei de Propiedade Intelectual". Consideran "intolerable" o proceder por parte da Administración Pública e "esiximos" o máximo respecto "pola liberdade de creación e pola adscrición ideolóxica das persoas". Tamén explican que "rexeitamos os intentos de desvirtuar e ocultar aspectos necesarios" para completar a comprensión da figura que representa a autora homenaxeada.

Salir de la versión móvil