Denuncian o incumprimento do protocolo do Sergas no terceiro proceso de vacinación en Vigo

Publicidad

Comisións Obreiras vén de denunciar o “incumprimento das instrucións do SERGAS no terceiro proceso de vacinación” contra o covid para o persoal dos centros sanitarios de Galicia. Segundo explican dende o sindicato, a xerencia da área sanitaria de Vigo “decidiu vacinar a persoal que non é destinatario da vacina neste terceiro proceso”. Nesta fase, teríase vacinado ós mandos e persoal da Fundación Biomédica entre outros, sen ter finalizado o proceso entre todo o persoal do SERGAS “ao que si lle correspondía e que si atende a pacientes”. CC.OO pon como exemplo ao persoal de ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia), que figura no plan de prevención como primeira liña.

Segundo denuncian, no primeiro proceso “xa se tiñan dado moitos incumprimentos das instrucións de vacinación, que xeraron malestar e alarma social”. Así, CCOO esixe, “una vez máis”, que a xerencia de Vigo respecte estritamente as instrucións de vacinación emitidas polo Sergas e Saúde Pública, e deixe de transmitir a sensación de “arbitrariedade e discrecionalidade na dispensación da vacinación”, que está a crear malestar entre o persoal.  A vacinación da conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, e máis do seu irmán, Pedro Fernández, xerou a pasada semana unha importante polémica que chegou até o Parlamento de Galicia.

De xeito paralelo, o sindicato lamenta a “improvisación” nas medidas adoptadas pola xerencia da área sanitaria de Vigo, que se implementan sen información algunha ao persoal nin aos seus representantes. O persoal do Meixoeiro coñeceu onte a decisión do centro de facer que has habitacións foran individuais, “unha media que pode ser axeitada”, recoñecen, pero que supón “unha sobrecarga de traballo para o persoal que as atende”. A dirección do centro decidiu reducir o número de enfermeiras, facendo que nas quendas de tarde e noite unha única enfermeira debe atender a 17 persoas.

Salir de la versión móvil