A Deputación convoca 101 bolsas para realizar prácticas profesionais en empresas

Publicidad

Os mozos e mozas da provincia teñen unha nova oportunidade para lograr a súa primeira experiencia profesional. A Deputación de Pontevedra vén de aprobar 101 bolsas de prácticas en empresas privadas para un período de 6 meses, prorrogables outros 6 meses.

A remuneración destas bolsas será de 800€ brutos ao mes para os titulados universitarios e 700€ para o alumnado de formación profesional. A selección das e dos bolseiros e bolseiras realizarase mediante convocatoria pública e o proceso desenvolverase en dúas fases, unha primeira de valoración de méritos e unha segunda de realización dunha proba tipo test. As solicitudes para participar deberán presentarse a través da páxina web da Deputación.

Qué titulacións poden acceder a estas bolsas?

En total son 41 as titulacións solicitadas polas empresas nesta ocasión: Ciclo Superior en Administración e Finanzas (4), en Asistencia á Dirección (1), en Desenvolvemento de Aplicacións Web (1), Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia (1), Deseño e xestión da produción gráfica (1), Gráfica Publicitaria, Guía Información e Asistencias Turísticas (1), Xestión de Ventas e Espazos Comerciais (6), Diplomatura / Grao en Ciencias Empresariais (4), Diplomatura / Grao en Educación Social (1), Diplomatura / Grao en Enfermería (2), Diplomatura /Grao en Fisioterapia (6), Diplomatura/Grao en Turismo (3), Diplomatura /Grao en Enxeñería en Organización Industrial (6), Enxeñería en Telecomunicación (1), Enxeñería Informática de sistemas (2), Enxeñería Informática de xestión (5), Enxeñería Técnica Industrial en Mecánica (5), Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (1), Licenciatura/Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (1), Licenciatura / Grao en Publicidade e Relacións Públicas, (1) Ciclo Superior en Hixiene Bucodental (1), Licenciatura / Grao en Farmacia (3), Ciclo Superior en Automoción (4), Ciclo Superior en Dirección de Servizos de Restauración (5), Licenciatura /Grao en Odontoloxía (1), Ciclo Superior en Programación da Produción en Fabricación Mecánica (2), Ciclo Superior en Paisaxismo e Medio Rural (1), Diplomatura / Grao en Óptica e Optometría (2), Ciclo Superior en Construcións Metálicas (2), Ciclo Superior en Marketing e Publicidade (9), Licenciatura/Grao en Veterinaria (1), Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas (2), Enxeñería Técnica en Telecomunicacións especialidade Telemática (1), Enxeñería Técnica en Sistemas Electrónicos (1), Ciclo Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (3), Ciclo Superior en mantemento Electrónico (1), Ciclo Superior en Deseño en Fabricación Mecánica (1), Grao en Deseño Téxtil e Moda (1), Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial (1) e Ciclo Superior en Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos (1).

Salir de la versión móvil