Durante a rolda de prensa convocada este mércores 22 de febreiro a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, anunciou “a apertura do novo expediente de imposicion de penalidades, no que se explicaba que a tramitacion por emerxencia era técnicamente imposibe e inviable, polo que o Partido Popular presenta outra proposta que non é mais que un corta e pega da lei de contratos, desdecíndose do declarado o mércores pasado e propoñendo o que este goberno e a parte xurídica de este concello levan dicindo dende o inicio da primeira imposicion de penalidades para poder chegar a incoar a resolucion do contrato en vigor”.
En setembro aprobouse a iniciación da tramitación do expediente de imposición de penalidades á empresa Os ventos Innovación en Servizos, S . En novembro de 2022 tivo lugar a resolución de imposición de penalidades á empresa prestadora do servizo do SAF por mor do cumprimento defectuoso do contrato.
Ante os sucesivos incumprimentos por parte da empresa prestadora do servizo e atendendo ao informes técnicos, o día 16 de febreiro de 2023 tivo lugar a apertura dun novo procedemento de penalidades. Á iniciación do expediente de penalidades, emítese un informe técnico que reitera a gravedade da deficiente prestación do servizo e a situación de desamparo dos usuarios ante esta situación. Polo tanto, atopámonos con que antes da emisión dos informes técnicos, non estaban acreditados a gravedade dos incumprimentos na prestación do servizo e polo tanto non daba lugar ao plantexamento da imposición dunhas penalidades graves, moi graves ou a posible incoación dun expediente de resolución do contrato.
O Goberno de Redondela sinala que en data 23 de novembro de 2022 tivo lugar tanto a resolución da imposición de penalidades como a notificación da mesma á empresa, esperando un prazo de dous meses para abrir o novo expediente de penalidades tendo en conta a posible reincidencia nas infraccións establecidas. O novo expediente aberto para a imposición das penalidades á empresa prestadora do servizo require un novo análise dos incumprimentos reiterados do servizo e a valoración dos mesmos, puidendo valorar a posibilidade de impoñer unha sanción moi grave ou plantexar a incoación do expediente de resolución do contrato.
Digna Rivas indica que unha vez iniciado o expediente e nomeado instructor, dase traslado da resolución e do resto da documentación obrante no expediente á empresa contratista para que polo prazo de quince días hábiles poida realizar as alegacións que considere convenientes ao seu dereito, ao que se suma o prazo necesario para a valoración da sanción a impoñer.
“A tramitación resolución do contrato por incumprimento levaría 4 a 5 meses. Os prazos administrativos consultados cos técnicos municipais demostran que os prazos prometidos polo Partido Popular de Redondela non son realistas. O Partido Popular, mentiu na rolda de prensa onde se referiu que se poderia resolver o contrato por tramitacion de emerxencia, na súa nota de prensa así o recolle”, engade Rivas.
O Gobierno redondelán sinala que a proposta do Partido Popular non é outra que a que está recollida nos informes técnicos do secretario municipal. "Hai que dicir tamén que os prazos de execución que plantexan o Partido Popular na súa proposta non son reais, xa que non ten en conta en ningún momento que a empresa recurra o alegue contra a imposición ou resolución do contrato. E polo tanto, os servicios técnicos do concello non lle deron a razón en ningún momento" Isto o avala os informes correspondentes que están no expediente a disposición de tódolos partidos políticos. A rexidora local, expresa a súa indignación ante a situación e expresa: “O que non vou a consentir e que se enganen os usurarios e usuarias, ás familias e auxiliares con promesas falsas electorais. Esta é táctica que Javier Bas acostuma a facer en campaña electoral, como así fixo no ano 2011 prometendo un servizo de emerxenciase que non foi quen de poñer en marcha durante 8 anos de goberno, e volvendo a prometer nesta campaña electoral, ao igual que fixo fai uns días, co GES de Mos”.
“O que queremos deixar claro é que tal como está a situación actual, a situación adecuada é reforzar os pregos consensuados coas técnicas, sindicatos e partidos políticos para licitar o contrato de cara a setembro. A intención é garantir a prestación do servizo para que non volva a pasar o que está sucedendo. E iso é o que está facendo este goberno. En ningún momento deixouse de loitar polos intereses das traballadoras do SAF. A intención é explicar as medidas técnicas e legais para facer posible as peticións, asegurando a continuidade do servizo e evitando o paro das traballadoras”.
A rexidora local quere dar as gracias “ás técnicas e técnicos deste concello polo esforzo que levan a cabo día a día para que se cumpran os pregos e poder seguir co proceso de licitación. Estanse poñendo todos os recuros xurídicos a disposición desta problemática e infomando aos sindicatos, partidos poíticos e traballadoras en todo momento. Destacan que un corta e pega da lei do contrato non é unha solución , é imposible resolver un contrato nun mes. Animo as familias usuarias que continúen metendo por rexistro calquera irregularidade que acometa empresa porque esa documentación é útil para seguir co traballo de fiscalización que se está a facer dende o Concello ”, conclúe Rivas.