O BNG de Vigo vai solicitarlle ao Goberno municipal que lle faga entrega de todos os informes técnicos que xustifiquen as talas de árbores na cidade nas últimas semanas e meses. Así o anuncio esta mañá o concellero Xabier Pérez Igrexas.
A fronte nacionalista quere coñecer cales foron os motivos reais das tallas practicadas en ámbitos como O Castro ou Samil, xa que entenden que carecen de xustificación. Nese sentido, Igrexas quixo subliñar que para o Bloque “as árbores non son ornamento, non son mobiliario nin apenas adorno, senón que son seres vivos que cómpren unha función esencial en termos de sustentabilidade ambiental”.
O portavoz municipal nacionalista defende que para avanzar cara a unha cidade máis sustentable hai que respectar “as nosas zonas verdes e o arborado” cumprindo a propia ordenanza municipal de medio ambiente, limitando as cortas e aqueles supostos nos que estea debidamente xustificado.
Pérez Igrexas salienta, ademais, que as tallas indiscriminadas contan cunha importante oposición social e veciñal e puxo en valor a crecente conciencia ecolóxica na certeza de que “o futuro de Vigo só se pode escribir en verde”.