"É humillante para o comercio local": críticas a Caballero por louvar a Primark na súa apertura

Publicidad

Marea de Vigo cualifica como “humillante” para centos de familias que teñen os seus negocios “ter que ver a un alcalde axitando a bandeira dunha cadea multinacional que seguro vai dar a finiquito a ducias de negocios familiares na nosa cidade", explica Rubén Pérez. O rexedor vigués acudiu este pasado xoves á apertura da tenda da multinacional irlandesa no Vialia de Vigo. Alí expresou que "sodes a sostenibilidade, sodes a compra a prezo asequible, sodes a compra, a novidade, sodes o conxunto do mellor que pode haber" para engadir "long life to Primark at Vigo" (longa vida a Primark en Vigo).

O Grupo municipal de Marea denuncia que o Goberno local non tomou ningunha medida a favor do comercio local máis alá de "limitarse a financiar actuacións en vía pública con nulo impacto no comercio”. “A evidencia é, que a día de hoxe non existe ningunha medida concreta máis aló do aprazamento de pago de impostos municipais (que supoñen menos do 10% do gasto contable dun comercio medio na nosa cidade) e de afirmar que se seguirá coa rebaixa da taxas das terrazas que dende hai anos xa se ven aplicando na cidade”, denuncia Pérez.

Marea de Vigo aposta por aprobar medidas "con bo resultado" que se tomaron en moitos municipios do Estado e de Galicia, como habilitar liñas de axuda directas para o mantemento da actividade comercial, a adquisición de equipamento de protección e seguridade de traballadores e traballadoras e clientes ou colaborar nos custes dos negocios (alugueiros, consumos, seguros, etc...) así como a exención da taxa de lixo aos comercios, bonos desconto para mercar no comercio local e de proximidade, ou a anunciada plataforma de venta online a iniciativa do propio Concello.

 

Salir de la versión móvil