Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, primer Vigués Distinguido 2021

Publicidad

En tempos preCovid, Vigo estaría preparada para gozar da Reconquista. Máis aló da festa de época, o Concello recoñecía nestas datas a traxectoria de diferentes personalidades da cidade. A emerxencia sanitaria obriga, tal e como sucedeu hai un ano, a que modificar a data dos Vigueses Distinguidos. Sen embargo, Abel Caballero comezou este martes co primeiro nomeamento. Un dos homenaxeados este ano será o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

O rexedor vigués puxo en valor a “extraordinaria contribución” tanto da Editorial galaxia como do seu director, e tamén escritor, o cal, en palabras de Abel Caballero, “combina o amor a Galicia e a súa capacidade como escritor extraordinario”.

A Editorial Galaxia é unha das grandes empresas culturais galegas. A firma é a encargada de editar, por exemplo, unha das grandes obras da literatura actual, como son as historias de Leo Caldas, a personaxe creada polo vigués Domingo Villar e que tanto éxito ten tamén na súa versión en castelán. “O último barco” foi un auténtico boom no panorama literario galego, tanto é así que no Concello de Moaña son un éxito os roteiros polos escenarios nos que está baseada a novela.

Pola súa banda, Abel Caballero tamén anunciou na rolda de prensa celebrada este mediodía no Concello de Vigo que a persoa encargada de ler o Bando da Reconquista será o empresario Francisco Puga, presidente de Delta Vigo. A cerimonia de entrega dos Vigueses Distinguidos aínda non está pechada. O rexedor vigués quere que sexa sen público. “Esperaré un tiempo”, sinalou o alcalde.

Salir de la versión móvil