O futuro da enxeñería robótica atópase na Guarda

{"requests":{"csi":"https://csi.gstatic.com/csi?"},"transport":{"xhrpost":false},"triggers":{"adRequestStart":{"on":"ad-request-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afs_lvt.${viewerLastVisibleTime}~afs.${time}"}},"adResponseEnd":{"on":"ad-response-end","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afe.${time}"}},"adRenderStart":{"on":"ad-render-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ast.${scheduleTime}~ars_lvt.${viewerLastVisibleTime}~ars.${time}","qqid":"${qqid}"}},"adIframeLoaded":{"on":"ad-iframe-loaded","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ail.${time}"}}},"extraUrlParams":{"s":"ampad","ctx":"2","c":"${correlator}","slotId":"${slotId}","puid":"${requestCount}~${timestamp}"}}

Na zona mais ao sur da provincia de Pontevedra, na vila da Guarda, un grupo de rapaces e rapazas veñen de demostrar que non fai falla estar en Silicon Valley para artellar os robots do futuro. Polo de agora a creación dos alumnos do IES da Sangriña, de entre 16 e 17 anos, tradúcese nun pequeno robot teledirixido, pero o obxectivo e seguir medrando cara un proxecto máis ambicioso. 

Os "Celtic Bots", así se chaman as súas creacións, poden coñecerse na Alameda da Guarda entre as 18:00 e as 20:00 horas até o sábado. Todas as persoas interesadas en coñecer o primeiro traballo deste equipo poden visitar o seu circuíto instalado na Alameda, onde se poderá conducir o robot e poñelo a proba nun campo de obstáculos. Os creadores irán anotando os tempos e puntuación de cada un dos participantes, dependendo das probas e atrancos que sexan capaces de superar, de xeito que se converta nunha competición entre afeccionados.

María González, impulsora do proxecto, tivo a idea de crear un grupo de robótica fai algo máis de dous meses, co fin de montar e programar un aparello electrónico que, dirixido de forma remota, fose capaz de moverse e superar obstáculos.  Agora tradúcese nestes pequenos robots. Porén, o plan de cara o novo curso pasa por aumentar o número de participantes nesta iniciativa tecnolóxica, incluíndo a alumnos e alumnas de todas as ideades e procedentes doutros centros educativos que teñan interese e capacidades en distintas disciplinas.

Neste sentido, apunta María, “existe moitos prexuízos sobre o que é a robótica”, referíndose a esta como unha rama multidisciplinar na que conviven distintos campos, como “a construción, deseño, matemáticas ou a administración”, polo que perfís moi distintos teñen cabida.

 

{"requests":{"csi":"https://csi.gstatic.com/csi?"},"transport":{"xhrpost":false},"triggers":{"adRequestStart":{"on":"ad-request-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afs_lvt.${viewerLastVisibleTime}~afs.${time}"}},"adResponseEnd":{"on":"ad-response-end","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afe.${time}"}},"adRenderStart":{"on":"ad-render-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ast.${scheduleTime}~ars_lvt.${viewerLastVisibleTime}~ars.${time}","qqid":"${qqid}"}},"adIframeLoaded":{"on":"ad-iframe-loaded","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ail.${time}"}}},"extraUrlParams":{"s":"ampad","ctx":"2","c":"${correlator}","slotId":"${slotId}","puid":"${requestCount}~${timestamp}"}}
Salir de la versión móvil