“Os terroristas son os que non fan cumprir a normativa”

Publicidad

A asociación ecoloxista ADEGA leva anos denunciando o que consideran como “bombas incendiarias en Galicia”: os eucaliptos. En total, suman máis de 300 plantacións que non cumpren as normativas da propia Consellería de Medio Rural.

Adela Figueroa, membro da asociación e ex presidenta da mesma, asegura que a meirande parte destas plantacións non teñen cortafogos e que non gardan as distancias coas casas habitadas namentres que “os axentes forestais miran cara ao outro lado”.

Aínda que Figueroa recoñece que “a Xunta non provocou o furacán,” reitera que “Adega leva advertindo moitos anos de que isto é unha situación explosiva. Os incendiarios son os responsables de medio rural. Eu os acuso. A celulosa está a ditar a política forestal deste país. Están a levar o país á ruína. É unha inmoralidade”.

Con respecto a intencionalidade dos lumes do domingo negro, dende ADEGA aseguran que “mentres o fiscal non o demostre eu non podo falar de intencionalidade. Pode haber tolos. Pero non 150 tolos por toda Galicia. O que si hai é mafia eucalipteira”.

Salir de la versión móvil