“Libros por alimentos” na Biblioteca Municipal de Tui

Publicidad

Ata este sábado, 28 de outubro, a Biblioteca Municipal de Tui leva a cabo a iniciativa “Libros por alimentos” coa colaboración de SOS Tomiño Baixo Miño. Trátase do intercambio de libros por alimentos non perecedoiros destinados á asociación asistencial que presta atención en Tui, Tomiño e O Rosal.

A iniciativa está a contar cunha boa acollida por parte do público que xa aportou leite, azucre, fariña, cacao, a cambio dun libro. O intercambio pode realizarse no horario de apertura da Biblioteca de luns a venres de 9 a 14h e 15 a 21h e o sábado de 9 a 13h.

Os mellores lectores do ano

Por outra parte, coincidindo co Día da Biblioteca que se celebrou este martes 24 de outubro, Biblioteca Pública Municipal de Tui entregou recoñeceu aos “Mellores Lectores do Ano”. Galardón que na categoría infantil recaeu en Xenxo Paramos Freiría de 7 anos, estudante de 2º Primaria, que levou en empréstito este ano 78 libros, e na categoría de adultos foi para Mª Rosario Alfaya Fernández de 70 anos e xubilada que levou emprestados 86 libros no que vai de ano. Cada un deles recibiu un diploma e un lote de libros.

Amais este martes, con éxito de público completándose todas as prazas ofertadas en días previos, celebrouse un contacontos a cargo do Sombreireiro Tolo.

Salir de la versión móvil