Loli Castiñeira será a candidata á alcaldía de Movemento Salceda

Publicidad

A actual tenenta de alcaldesa e voceira municipal de Movemento Salceda, Loli Castiñeira, foi ratificada por unanimidade pola Asemblea de Movemento Salceda como candidata á alcaldía para as vindeiras eleccións do 28 de maio. Por vez primeira unha muller liderará a candidatura de MS a unhas eleccións municipais.

Loli Castiñeira, converteuse no 2019 na primeira muller en ser a rexedora do Concello, recollendo así o relevo de Marcos Besada na alcaldía de Salceda de Caselas, que tralas eleccións renunciou a recoller a súa acta para facilitar un pacto que permitise a MS seguir gobernando. Castiñeira asume agora o liderado da formación local cun obxectivo claro: "acadar a maioría absoluta nas vindeiras eleccións municipais". A de Loli Castiñeira foi a única candidatura que se presentou no proceso interno aberto por Movemento Salceda, candidatura que agora ven de ser ratificada pola Asemblea.

A candidata asegura ter unha gran experiencia en xestión municipal despois de tres mandatos como concelleira, tenente de alcalde, alcaldesa e tenente de alcaldesa. No Concello de Salceda pasou por diversas concellarías demostrando unha gran vocación polo servizo público en tódalas áreas polas que pasou. A pesares de ser alcaldesa nos dous primeiros anos do presente mandato, nunca se presentara como cabeza de cartel nunhas eleccións. Durante estes anos, acumulou experiencia na xestión municipal levando a responsabilidade de diferentes áreas, como Emprego, Persoal, Facenda, Réxime Interno, Parques e Xardíns, Vías e Obras, Comercio, Xuventude, Igualdade, entre outras. Na lexislatura do 2015 ao 2019, foi nomeada primeira Tenente de Alcalde, ocupando a alcaldía accidental en diversas ocasións.

Esta extensa experiencia en xestión demostrouse durante a súa alcaldía, do 15 de xuño de 2019 ao 15 de xuño de 2021, onde liderou un equipo formado por dous partidos, pero que na práctica traballou unido e leal como un. Loli Castiñeira foi quen de darlle o seu toque persoal continuando o proxecto de cambio e transformación de Salceda de Caselas iniciado en 2007, rematando nos primeiros meses de mandato actuacións tan importantes como as humanizacións das rúas Gándara e Compostela e a transformación da Praza da Devesa, cunha visión clara de aposta polo social creando gabinetes como o de psicoloxía, ou o servizo de atención temperá, ademais do centro de enfermidades neurodexenerativas .

Pero si algo marcou a alcaldía de Loli Castiñeira foi a pandemia da COVID19 que dende marzo de 2020 golpeu ao mundo. Así, baixo o seu liderado o goberno municipal puxo toda a capacidade e adicación para minimizar as consecuencias da peor crise sanitaria, económica e social en anos para a veciñanza. Loli Castiñeira, candidata á alcaldía: “É un orgullo e un privilexio liderar a candidatura de Movemento Salceda. Traballarei arreo para alcanzar o obxetivo: a maioría absoluta que permita que Salceda siga sumando”

Salir de la versión móvil