Marea pide un "concurso público de inmediato" para unha nova xestión do auditorio Mar de Vigo

Publicidad

Despois do sucedido na noite de onte, cando a Policía local acudiu ao auditorio Mar de Vigo ante a denuncia de que non se estaba a cumprir o aforamento esixido polas normas Covid nun concerto do festival Terraceo, o grupo municipal de Marea de Vigo considera que “xa é hora de acabar co uso arbitrario por parte do promotor titular da xestión do edificio público” e esixe un concurso aberto "de inmediato" para a xestión do auditorio Mar de Vigo “que agora ostenta unha empresa herdada a dedo dos antigos xestores quebrados”.

“É un escándalo maiúsculo que un edificio público rescatado hai máis de dous anos aínda non teña un concurso público aberto, en libre concorrencia para que diferentes empresas poidan optar a súa xestión, toda vez que a empresa actual, Organización de Ideas de Éxito foi herdada como un contrato da UTE que xestionaba o edificio despois da liquidación concursal” explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

Aínda que Marea de Vigo sigue apostando porque o auditorio Mar de Vigo sexa xestionado directamente dende o Concello, Rubén Pérez recalca que “non se entende como podemos ter na cidade un espazo público onde as iniciativas culturais, musicais ou eventos que non veñan da man do propio xestor actual non teñen facilidade para traballar, nunha espiral na que o Concello subvenciona gran parte dos custos dos eventos”, o que constitúe, segundo o voceiro, “un agravio terrible no sector cultural e co resto de programadores musicais da cidade”.

“A tremenda improvisación de seguridade, o propio espazo onde se realizan os concertos sen unha homologación clara de que poida ser empregado para grandes eventos e o posible exceso de aforo en situación COVID obrigan xa a tomar unha decisión seria ao Concello de Vigo” sinala Pérez, e, ao xuizo de Marea de Vigo, “que teña que ser o propio cantante e o público os que paren un evento que se ía a celebrar sen medidas de seguridade nesta situación de pandemia debe provocar a rescisión inmediata do contrato coa empresa programadora e a anulación do festival Terraceo ata que se garantan as medidas de seguridade e a lexislación vixente”

Salir de la versión móvil