Marea denuncia que o Casino de Vigo incumpre os horarios limitados polo coronavirus

Publicidad

O grupo municipal de Marea de Vigo vén de denunciar que o Casino de Vigo, situado no Centro Comercial A Laxe, estaría a incumprir os horarios de peche fixados polo Goberno para facer fronte á pandemia do coronavirus.

Segundo explican dende a formación, “mantense aberto e funcionando máis alá das horas permitidas ao resto dos establecementos de hostalería”. Marea de Vigo considera que o establecemento conta “cunha grande clientela na zona de bar, con independencia de se son xogadores ou non xogadores”. Esta condición implicaría que o Casino se rexa pola normativa , sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que limita os horarios de hostalería e restauración e imposibilita a apertura dos locais de ocio nocturno.

“Ante esta situación, que consideramos ademais absolutamente nociva cara ao sector hostaleiro da nosa cidade, dámoslle traslado ás autoridades competentes así como á concellería responsable e á propia entidade dentro da que se encadra o Casino, Zona Franca, para que tomen as medidas correspondentes de inmediato”, alegan nun escrito remitido á Policía Local, a concellería de Seguridade e a Zona Franca.

Máis tempor para as terrazas

O colectivo de hostaleiros e comerciantes de Zona Náutico vén de volver solicitar a equiparación de horarios de apertura e peche de terrazas no outono e inverno para os establecementos hostaleiros. A asociación pretende que se cambie a ordenanza de terrazas para permitir que no outono e inverno poidan estar abertas durante máis tempo.

Salir de la versión móvil