“Un atleta, unha árbore”, foi o lema co que máis de 300 atletas percorreron parte do concello de Moaña o pasado mes de setembro. A iniciativa desta nova edición da Carreira Pedestre buscaba repoboar parte dos montes con árbores autóctonas. Cada zancada era un paso pola natureza.
Agora, a promesa farase realidade e este domingo, 18 de novembro, o Club Atletismo Samertolameu, conxuntamente coa Comunidade de Montes de Meira e o Concello de Moaña, organizan a plantación de carballos no monte de Meira como resultado dese acordo asinado durante a XV Carreira Pedestre Concello de Moaña.
Daquela, as entidades comprometéronse a repoboar o monte cunha árbore autóctona por cada atleta inscrito na carreira popular. Serán 344 árbores autóctonas os que finalmente cheguen ao monte.
A actividade deste domingo é de carácter aberto polo que, aparte do Club Atletismo Samertolameu, a Comunidade de Montes de Meira e os participantes da carreira, pode participar todo aquel que estea interesado.
O punto de encontro para a actividade será nas pistas de Atletismo de Moaña as 9:30 horas. Unha vez reunidos farase un paseo de aproximado de 30 minutos ata o monte onde terá lugar a plantación.