Moaña confirma a continuidade do Varadero Fest

Imaxe da primeira edición do Varadero Fest // XIANA QUINTAS

Publicidad

A COVID19 deixou a Vigo e a súa área sen O Marisquiño. Sen embargo, os amantes da cultura urbana asistiron esta fin de semana á estrea do Varadero Fest, un festival que permitiu gozar coas potencias galegas deste xénero que ten moitos adeptos entre a mocidade. O balance do Concello de Moaña deste evento é moi positivo. “Foi todo un éxito”, sinalan.

Ese poso positivo que deixa a primeira edición do Varadero Fest prodúcese nun ano marcado pola pandemia. O festival, que contou cun ano de preparativos e tivo que facer unha reinvención do seu formato orixinal para adaptarse ás medidas das autoridades sanitarias, viu a luz a pasada fin de semana baixo as miradas dun público ilusionado e entregado no Parque de San Bartolomeu, un escenario singular para un festival singular.

O Concello de Moaña confirma a continuidade do Varadero Fest. “É un festival que veu para quedarse”. Esa sentencia tamén o comentaban os asistentes, que fixeron un voluntario cumprimento dos protocolos sanitarios e amosaron un respecto das medidas de seguridade sanitaria. O goberno municipal morracense destaca a súa “aposta pola xuventude, por unha cultura segura” no que sinalan que o Varadero Fest é a pedra angular.

Salir de la versión móvil