Nigrán conéctase á onda dos vehículos eléctricos

Publicidad

O Concello de Nigrán vén de instalar por un importe de 3.000 € o primeiro punto municipal de carga para vehículos eléctricos e 100% de xestión pública de toda Galicia co obxectivo de promover a compra destes coches non contaminantes e facilitar o emprego de enerxias limpas. A maiores, e tal e como xa se fai noutros municipios como o de Vigo, o goberno local ultima unha proposta co fin de bonificar o 80% da cuota de Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica aos clasificados como "cero emisións" pola DGT (eléctricos) e anos aos etiquetados como 'Eco' (híbridos ou a gas) durante os tres primeiros de matriculación.

Nesta liña, o Concello de Nigrán adquirirá antes de fin de ano dous vehículos eléctricos que sustituirán a sendas furgonetas municipais de máis de 20 anos de antigüidade e, polo tanto, moi contaminantes. "Dende o propio Concello queremos contribuir a baixar a cota de emisións coa renovación da flota a prol do uso de enerxías limpas", sinala o edil de Medio Ambiente, Diego García.

"Trátase de incentivar entre a veciñanza a compra de vehículos eléctricos porque son os únicos non contaminantes; é un transporte moi silencioso e que non produce ningún tipo de emisión", resume o alcalde, Juan González, quen considera "unha labor da administración promover o uso de enerxías limpas e facilitar o acceso a elas".

Este primeiro punto de carga semi-rápida xa operativo (engadiráselle un panel con información e sinalización horizontal) atópase no aparcamento da Casa Consistorial e conta con dous tomas de alta potencia de 22 KW válidas para sendos vehículos (compre destacar que a maioría das que se atopan en parkings ou establecementos privados son de 3,6 KW). Tódolos propietarios de coches eléctricos poderán empregalo gratuitamente solicitando no Servizo de Atención Cidadá (pranta baixa do Concello) unha tarxeta magnética válida para suministrar enerxía durante un tempo máximo de 60 minutos (suficiente para cargar o 50% das baterías). De xeito piloto, o horario no que estará operativo será de 9:00 a 14:30 horas.

Salir de la versión móvil