O 8M xa quenta motores en Vigo á espera da manifestación desta tarde, que estrea percorrido

Publicidad

Vigo acolle as primeiras marchas e mobilizacións do Día Internacional da Muller. Un centenar de manifestantes concentráronse no cruce de Gran Vía con Urzáiz para continuar despois cara a Farola de Urzáiz. É un 8M moi distinto polas circunstancias que estamos a vivir, pero aquí estamos, é moi importante” salientaba Marta Gonzalo, responsable da secretaría da Muller da CIG-Vigo, organizadora da marcha. Ao terse que gardar a distancia de seguridade, crearonse en tres ringleiras ou columnas de manifestantes para poder así cumprir a norma antiCovid.

A CIG convocou 31 mobilizacións en cidades e vilas de toda Galiza para facilitar a participación de todas durante a xornada de folga de mulleres do 8 de Marzo. “Coa pandemia as desigualdades volvéronse aínda máis evidentes polo que é un motivo máis que suficiente para saír á rúa para loitar polos nosos dereitos”, explicou a deputada do BNG, Carmen González, á vez que denunciou que “a mayoría das paradas son mulleres que voltaron ás labores do fogar”.

Galegas 8M chama á manifestarse pola tarde

A marcha da mañá non será a única da xornada. Esta tarde a organización Galegas 8M chama a manifestarse en toda Galicia baixo o lema “sen coidados non hai vida”. A organización feminista considera “imprescindible” saír á rúa para “porque a meirande parte do traballo dos coidados realízase sen remuneración algunha, pese a que a gratuidade do seu labor aforra custes ao sistema”. Coidados que seguen a realizar maioritariamente as mulleres.

A marcha buscará poñer o foco no feito de que “a xestión da crise sanitaria descansou tamén sobre as mulleres” xa que “un número elevadísimo de mulleres víronse na necesidade de deixar os seus empregos e a súa independencia económica para poder sobrevivir”.

En Vigo a marcha partirá de Praza de España ás 18:00 horas e, de forma extraordinaria, non se dirixiará cara o centro senón que baixará Gran Vía cara Praza América. A organización pretende así gozar de rúas máis amplas para garantir a distancia de seguridade.

GALERÍA DE FOTOS

Salir de la versión móvil