O alcalde de Tui inicia unha “xira” polas parroquias para responder á veciñanza

Publicidad

Coñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas é o obxectivo das reunións que dende o este luns vai manter o equipo de Goberno de Tui en cada parroquia. As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.

A primeira reunión está prevista para este luns, 8 de novembro, ás 20:00 horas na Casa Cultural de Rebordáns.  O martes, a reunión será en Malvas, o mércores, en Randufe, e o xoves, en Baldráns, sempre ás 20:00 horas. Mentres o venres o equipo de Goberno achegarase a Areas ás 20:15 horas.

As reunións continuarán o luns 15 ás 20:30 horas en Guillarei, o martes 16 en Paramos, o mércores 17 en Ribadelouro, e o venres 19 en Pazos de Reis, nos tres casos ás 20:00 horas.  Por último o luns 22 celebrarase a xuntanza coa veciñanza de Pexegueiro, e o martes 23 coa de Caldelas, en ambos casos tamén ás 20:00 horas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vén de convidar aos veciños e veciñas de cada unha das parroquias a asistir a estas reunións para poder coñecer así de primeira man as súas inquedanzas, necesidades ou suxestións.  No ano 2019 desenvolvéronse tamén, no mes de novembro, xuntanzas coa veciñanza das distintas parroquias tudenses.

Reunións coa veciñanza das parroquias tudenses

Salir de la versión móvil