O BNG aposta polo rescate da concesión do Álvaro Cunqueiro e a absorción de Povisa

Publicidad

O portavoz do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, vén de subliñar o “compromiso firme” do BNG para reverter a privatización e os recortes aplicados na área sanitaria de Vigo, a través de medidas como o rescate da concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro e a absorción de Povisa polo Sergas.

Para o BNG de  Vigo o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que recoñece a obriga de que o hospital Álvaro Cunqueiro pague o IBI -obligándolle a aboar 970.000 euros anuais- confirma que o HAC “non é un hospital público” e desmonta a campaña de “propaganda e falsidades do Partido Popular”.

Igrexas cargou con dureza contra o modelo “ruinoso” imposto polo goberno galego de Núñez Feijóo e que supuxo, dixo, triplicar o custo do novo hospital até os 1.400 millóns de euros. “Cada ano o Sergas destina 150 millóns de euros de diñeiro público aos petos de empresas privadas” alertou, facendo referencia ao canon anual que se abona á UTE propietaria do HAC e mais ao concerto singular de Povisa.

Manifestación en Vigo

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e a Plataforma SOS Sanidade Pública convocaron unha nova manifestación para o martes, 17 de marzo, en defensa da sanidade pública. A marcha partirá ás 20:00 horas do cruzamento de Urzáiz coa Dobrada.

As entidades convocantes denuncian que a área sanitaria viguesa “segue padecendo as consecuencias dos experimentos privatizadores” do Partido Popular de Núñez Feijóo. Ademais, resaltan que a área de Vigo é a “máis discriminada” de Galicia porque, explican, “unha parte importante do seu orzamento” dedícase a financiar as privatizacións.

Os profesionais denuncian consultas “ masificadas que superan por moito o límite dos trinta doentes diarios”, o que redunda nunha peor calidade asistencial. Os puntos de atención continuada (PAC) sofren unha “presión insoportable”.

Salir de la versión móvil