O BNG de Vigo advírtelle ao alcalde que instalar alumeado de Nadal nas árbores "é ilegal"

Publicidad

O Bloque Nacionalista Galego advirte ó Goberno municpal de Vigo de que a instalación de alumeado de Nadal nun milleiro de ábores da cidade, anunciada polo alcalde Abel Caballero, "é ilegal ao contravir o disposto na ordenanza municipal de zonas naturais e espazos verdes".

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lémbralle ao rexedor que o artigo 16.6 da ordenanza municipal estabelece literalmente a prohibición de “arrincar ou partir árbores, pelar ou arrincar as súas ‘cortizas’, cravar puntas, atar ás mesmas randeiras, escaleiras, ferramentas, soportes de andamiaxe, ciclomotores, bicicletas, carteis ou calquera outro elemento, gaberar ou subir ás mesmas”.

Igrexas anunciou que a fronte nacionalista interpelará o Goberno local na próxima Comisión Informativa de Medio Ambiente do Concello para "conminalo a respeitar a normativa municipal". “As árbores non son postes e resuta moi difícil de entender que o alcalde non comprenda que o acaba de anunciar é aberta e totalmente ilegal, e se permita o luxo de facer gala de que vai incumprir deliberadamente unha ordenanza municipal en vigor”, reprochou o edil.

O portavoz municipal nacionalista cargou contra a política "arboricida" do Executivo local. “Que problema ten Caballero coas árbores? A súa obsesión, polo arboricidio permanente, raia xa no patolóxico, parece que padecese dendrofobia (fobia ás árbores)”, afirmou, lembrando as reiteradas tallas “arbitrarias e inxustificadas” como a recentemente practicada na praza da Princesa contra varios exemplares sanos de liquidámbar.

Salir de la versión móvil