O BNG de Vigo cualifica de "inxustificable" o "caos" para acceder á vacinación no Ifevi

Publicidad

O Bloque Nacionalista Galego vén de lamentar as "graves eivas organizativas e loxísticas" rexistradas novamente durante esta fin de semana no acceso ao dispositivo de vacinación contra a Covid19 no IFEVI. A fronte nacionalista reitera o chamado a que Xunta e Concello cooperen para resolver estas incidencias que se suceden no tempo e provocan un importante malestar entre a veciñanza.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, cualificou de "caos absoluto" a organización dos acceso ao recito do IFEVI no que se desenvolve o proceso desta vacinación. Igrexas, fíxose eco das queixas cidadás polas incidencias rexistradas durante a fin de semana. "Non falamos só de retencións quilométricas para chegar en coche ao IFEVI, senón tamén de esperas longas, por máis dunha hora, no exterior do recinto á choiva ou ao sol", denunciou.

O portavoz municipal nacionalista considerou "inxustificábel" que estas situacións continúen a producirse e envolvan unha cuestión tan importante como o acceso á vacinación contra o coronavirus."A eficiencia do dispositivo sanitario no interior contrasta, moito, co caos absoluto que se vive para chegar a el", acrecentou.

Desde o Bloque reiteran o chamando a Xunta, como responsable do operativo de vacinación, e ao Concello de Vigo a cooperaren para procurar unha solución organizativa. "Xunta e Concello non poden continuar tirándose a pelota ao outro, nese pimpampum inútil. Teñen que sentar, coordinar e acordar solucións para corrixir dunha vez estas deficiencias", reclaman.

Salir de la versión móvil