O BNG pide remunicipalizar Vitrasa: "É momento de devolver ó público o que nunca debeu ser privado"

Imagen de Archivo de un Vitrasa

Publicidad

Continúan sucedéndose as reaccións ao anuncio do Concello sobre a previsible indemnización millonaria á que se terá que facer fronte para compensar as perdas de Vitrasa motivadas pola declaración do estado de alarma e da pandemia do coronavirus.

O Bloque Nacionalista Galego en Vigo volveu insistir esta mañá na necesidade de abrir o debate da municipalización do servizo de transporte público de viaxeiros. Co fin da concesión a Vitrasa -parte do grupo Avanza- prevista para este 2020, o BNG recunca na idea de “repensar a necesidade de remunicipalizar este servizo”.

O portavoz nacionalista, Xabier P. Igrexas, considera que a concesión ao grupo Avanza, que a súa vez ten como empresa matriz a multinacional mexicana ADO, “é un pésimo negocio” para a cidade. “Unicamente é unha fonte de lucro para grandes empresas”, explica Igrexas tras coñecerse que o Concello calcula en 10 millóns de euros a indemnización que solicitará a empresa concesionaria ao perder viaxeiros por mor do confinamento. “O PSOE impuxo que este servizo soamente se poida xestionar a través dunha concesión privada”, explica o BNG para insistir porén que o Concello aínda está a tempo de modificar esta medida ante o fin da concesión.

Marea de Vigo pide non indemnizar a empresas que aplican ERTE

O grupo municipal de Marea de Vigo esixiu este venres que non se paguen indemnizacións ás concesionarias que fixeron “ERTE inxustificados” xa que, consideran, “suporían un beneficio extra e indebido con cartos públicos”. A formación pon coma exemplo Vitrasa, empresa que xa recibe do Concello anualmente 12,6 millóns de euros, alén do aproximadamente millón de euros da subvención estatal ao transporte público das cidades de máis de 50.000 habitantes”. “Todo cun ERTE que afecta ao 50% do persoal. Un negocio redondo” engade Rubén Pérez.

Marea de Vigo considera que “tiña que declararse e notificarse a suspensión do servizo a cada concesionaria, cousa que non se fixo en casos como o da recadación executiva” O que é unha deixadez evidente e ten que ter solución inmediata para evitar que as empresas concesionarias “abusen deste Concello e dos recursos das prestacións dos ERTES, que son recursos que saen das cotizacións dos traballadores e traballadoras”

Salir de la versión móvil