O BNG propón un confinamento de dúas semanas se a terceira onda non se controla de xeito "inmediato"

{"requests":{"csi":"https://csi.gstatic.com/csi?"},"transport":{"xhrpost":false},"triggers":{"adRequestStart":{"on":"ad-request-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afs_lvt.${viewerLastVisibleTime}~afs.${time}"}},"adResponseEnd":{"on":"ad-response-end","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afe.${time}"}},"adRenderStart":{"on":"ad-render-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ast.${scheduleTime}~ars_lvt.${viewerLastVisibleTime}~ars.${time}","qqid":"${qqid}"}},"adIframeLoaded":{"on":"ad-iframe-loaded","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ail.${time}"}}},"extraUrlParams":{"s":"ampad","ctx":"2","c":"${correlator}","slotId":"${slotId}","puid":"${requestCount}~${timestamp}"}}

O BNG vén de solicitar que se tomen medidas "valentes" incluído un confinamento total de dúas semanas se a curva non se aplana de xeito inmediato nos próximos días. O Bloque apóiase nos datos que mostran que a terceira onda é tan virulenta como a primeira, con cifras de contaxios, hospitalizacións, ingresos en UCIS e falecementos "inasumibles".

As restricións non están a ser efectivas nin suficientes e por iso pedimos que se tomen medidas valentes e damos ese paso cunha proposta contundente: se nos próximos días non se logra aplanar a curva, senón se logra frear o ritmo de contaxios, hospitalizacións e falecementos, -o dato máis dramático-, pedimos ao Goberno da Xunta e ao Goberno do Estado un confinamento que permita frear a cadea de contaxios e salvar vidas”, demandou a portavoz nacional, Ana Pontón, en rolda de prensa.

A ninguén lle gusta o confinamento, é unha medida moi dura, pero hai que poñela sobre a mesa canto antes se os datos non melloran de xeito substancial e inmediato. Non é asumible a escalada do virus”, explicou a líder nacionalista, subliñando que houbo un confinamento en marzo “con cifras menores”.

En termos sanitarios, o descontrol deste terceira onda repercute tamén na saúde xeral da cidadanía, porque volve haber un aprazamento de intervencións afectando de cheo a doentes con outras patoloxías que non son COVID.

Pontón volveu insistir na "falaz dicotomía saúde-economía", recalcando que canto antes se controle a crise sanitaria antes se poderá levar a cabo a reactivación económica. De feito, estudios académicos demostran, segundo asegura a portavoz nacionalista, que o custe en vidas "é menor e que a economía sofre a metade con medidas duras".

Neste contexto, Pontón propón superar as medidas “brandas” e ir a un confinamento no que se habiliten axudas para manter o emprego e a actividade económica durante o tempo que duren as restricións, utilizando para iso unha parte dos 70.000 millóns de euros dos fondos europeos e os orzamentos expansivos da Xunta e Goberno central. “É necesario que os fondos cheguen á economía real, que cheguen aos sectores e ás persoas que máis sofren a crise. Sería unha fraude usar eses recursos para engordar ás eléctricas e ás multinacionais”, indicou.

{"requests":{"csi":"https://csi.gstatic.com/csi?"},"transport":{"xhrpost":false},"triggers":{"adRequestStart":{"on":"ad-request-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afs_lvt.${viewerLastVisibleTime}~afs.${time}"}},"adResponseEnd":{"on":"ad-response-end","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afe.${time}"}},"adRenderStart":{"on":"ad-render-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ast.${scheduleTime}~ars_lvt.${viewerLastVisibleTime}~ars.${time}","qqid":"${qqid}"}},"adIframeLoaded":{"on":"ad-iframe-loaded","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ail.${time}"}}},"extraUrlParams":{"s":"ampad","ctx":"2","c":"${correlator}","slotId":"${slotId}","puid":"${requestCount}~${timestamp}"}}
Salir de la versión móvil