O BNG reclama 144 millóns máis para Vigo nos Orzamentos da Xunta de 2025

Publicidad

O Bloque Nacionalista Galego reclama 144 millóns máis para Vigo ao proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza do vindeiro ano 2025. A fronte nacionalista vén de formular 41 emendas parciais ao proxecto de contas do Goberno de Rueda.

O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, canda as deputadas e o deputado vigués no Parlamento galego Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova, cargou este xoves en rolda de prensa  contra a "política de castigo do PP coa maior cidade galega" para asegurar que "foi masivamente rexeitada polas viguesas e vigueses nas pasadas eleccións galegas nas que o PP foi derrotado e o BNG convertémonos en primeira forza”.

O Bloque propón nas súas emendas unha batería de medidas para enfrontar a crise industrial, reverter a privatización sanitaria, responder ao grave problema da vivenda, desenvolver infraestruturas pendentes, avanzar na sustentabilidade ambiental e apoiar o tecido cultural e o deporte vigués. Emendas que, subliñan dende a fronte nacionalista, expresan o “absoluto compromiso” do BNG coa cidade.

Salir de la versión móvil