O BNG ve "cada día máis posible" que Pontón sexa a presidenta da Xunta

Publicidad

O candidato número dous do BNG por Lugo, Daniel Castro, afirmou que a formación nacionalista se guía máis polas "sensacións" que polas enquisas que se publican en campaña electoral, pero certificou que o que observan na rúa é "esa sensación de cambio que día a día" é "máis posible e é máis seguro que Ana Pontón vai ser a próxima presidenta deste país".

"Como sempre se adoita dicir, as enquisas, enquisas son. Sabemos que todas teñen unha certa intencionalidade, pero máis que as enquisas, nós no BNG queremos fiarnos das sensacións, neses actos abarrotado que nos dá a xente polas rúas", manifestou, a preguntas dos medios, Daniel Castro.

Nese sentido, o que foi deputado esta lexislatura manifestou que da rúa observan "unha sensación de cambio, que día a día se vai vendo máis". "Sinceramente, estou totalmente convencido e é máis seguro que Ana Pontón vai ser a próxima presidenta deste país", certificou Castro.

Ademais, "se o di o CIS, se tamén o confirma, pois un apoio máis", manifestou, non sen certa ironía, o candidato da Mariña. En resumo, Daniel Castro asegurou que o BNG "non vai facer o traballo en base a enquisas", senón "en base ao proxecto que ten" a formación e que é "claro e definido". "Imos seguir claramente aí", sentenciou.

Salir de la versión móvil