O Galician Freaky Film Festival pecha a súa edición "máis multitudinaria"

Publicidad

Vigo di adeus ao 'friquismo'.  O Galician Freaky Film Festival dixo adeus esta fin de semana despois de celebrar unha edición dedicada ao anime xaponés e a animación na que os organizadores destacan o "crecemento tanto do número de asistentes como das actividades ofertadas con respecto aos pasados anos".

Durante os catro días que durou o festival, o Galician Freaky Film Festival deleitou ao público con oito bloques de curtametraxes, máis de nove horas de material para gozar do máis esperpéntico da industria cinematográfica de Galicia, España e o resto do mundo. As curtametraxes competiron por catro premios do xurado e dous do público.

A programación tamén incluiu a proxección do anime Akira, con máis de 250 butacas vendidas; dúas exposicións de ilustradores galegos; presentación de libros, proxectos audiovisuais e escolas de cómic e a conferencia do animador Rafillo, autor da webserie Querida Conchi. Ademais, durante o venres e o sábado, instalouse no centro da PRaza Elíptica a I Feira Fantástica e Freak de Galicia, que atraeu a centos de persoas amantes da arte manga.

Palmarés

O xurarado resolveu outorgar o Gran Premio GFFF á curta máis freak á curtametraxe estona Dog-Apartment, de Priit Tender, valorando que “non ten medo de mostrar un pesadelo kafkiano repleto de imaxes chocantes, mesturando poesía, estrañeza e unha chea de tabaco”. Na mesma categoría, o xurado fixo unha mención especial á curta dos Países Baixos Gnomes, de Ruwan Heggelman.

O Premio Ben Dito, ao mellor guión outorgado polo xurado foi para Cut, peza de terror surcoreana dirixida por Son Min-zun, que tamén recebeu o favor do público O xurado considerou que “utiliza a metalinguaxe para meter ao espectador na mente dun asasino”. A mención especial nesta categoría foi para a húngara Amok, de Balázs Turai.

O Premio Neuronas Fritidas á curta máis turbia, concendido polo xurado foi para Pipes, suíza dirixida por Jessica Meier, Kilian Feusi e Sujanth Ravichandran, curtametraxe con moito humor “capaz de narrar a viaxe iniciatico dun adorable osito, onde o desexo únese ao medo para ofrecer un imparable carrusel de imaxinación, látex e lubricante”.

Tamén o xurado elixiu ao gañador do Premio CREA, apoiado pola Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización foi para Histoire Pour 2 Trompettes, unha elegoría intimista da directora francesa Amandine Meyer. De novo, outorgaron unha mención especial, neste caso a Tank Fairy, traballo taiwanés cheo de purpurina protagonizado por unha repartidora de butano transexual.

Por outra banda, o público puido puntuar cada curta ao final de cada bloque, decidindo cos seus votos tres premios. O Premio Olimpo dos Freaks foi para The ballad of Maddog Quinn, un western distópico chegado desde Nova Celanda e dirixido por Matt Inns. O animador galego David Fidalgo Omil gañou o Premio Escarállome co filme Sandwich Cat, concedido polo público á curta máis divertida.

Salir de la versión móvil