O Mercado do Progreso de Vigo celebra Europa a golpe de petisco

Publicidad

Fusión gastronómica para celebrar Europa. Co gallo de conmemorar a paz e a unidade do continente europeo, cada 9 de maio os países membros da Unión lembran a Declaración de Robert Schuman, berce da actual comunidade política dos 28. Con esta efeméride en mente, a Deputación de Pontevedra volveu levar aos mercados da provincia a innovación e vangarda gastronómica da man do alumnado do centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra .

Este martes, a cita foi no Mercado do Progreso de Vigo onde unha sorprendida clientela topouse unha ampla variedade de petiscos e chopos elaborados polos alumnos e alumnas do centro vigués con inspiración en pratos típicos de Inglaterra, Francia, Holanda, Dinamarca, Noruega ou Francia.

No acto, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, invitou aos asistentes “a probar as marabillosas tapas” que a administración provincial está a levar a diferentes mercados da provincia. Nesta celebración gastronómica estiveron tamén presentes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o tenente alcalde e deputado de Cooperación Municipal, David Regades.

A Presidenta da Deputación subliñou que con esta campaña a institución provincial ten marcados tres obxectivos básicos. O primeiro, sumarse a conmemoración do día de Europa. O segundo promocionar os produtos de mercado de proximidade cos produtos da terra e do mar. E, o terceiro, divulgar a aposta formativa dos dous centros de Formación Profesional este eido na provincia.

O rexedor olívico, pola súa parte, destacou o “nivel dos mercados de Vigo” que compoñen a rede municipal á vez que salientou que nada teñen que envexar a outros de gran renome comercial e turístico.

O Degusta Europa de Vigo pecha a ruta de petiscos elaborados polo alumnado do Manuel Antonio tras pasar por A Guarda e Cangas. Agora, a iniciativa visitará Lalín, Marín e Vilagarcía da man dos e das estudantes do Carlos Oroza de Pontevedra.

Salir de la versión móvil