Salceda estreará este ano unha nova iniciativa que permitirá seguir o acto de homenaxe a Salcedenses Distinguid@s en directo a través das Redes Sociais do Concello. Sendo conscientes da cantidade de xente que por diversos motivos (saúde, distancia, traballo,etc.) non poden asistir ao acto, o Goberno decidiu ofrecer esta posibilidade grazas ás novas tecnoloxías. "Non queremos que ningunha persoa sen quede sen disfrutar do noso día grande", asegurou o rexedor salcedense, Marcos Besada.
Así pois, o domingo 15, día grande das Festas do Cristo, a partires das 11:45, todas as persoas que o desexen poderán seguir o acto a través das redes sociais do Concello, e vivir en directo o nomeamento como salcedenses distinguidos/a de Jose Rodríguez Martínez, Juan Soto Fontaíña e Elva Lemos Márquez.
Tere Pérez, Concelleira de Cultura e Festas, asegura que con esta iniciativa “damos un pasiño máis para achegar as nosas festas a tantas persoas que por diferentes motivos non poden achegarse á Praza do Concello para disfrutalas”.