Novas queixas no barrio de Teis. A Asociación Veciñal sinala que dirixiuse por escrito a finais do mes de xullo ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para solicitar a mellora dos pasos elevados sobre a AP-9 en Teis, especialmente os pasos elevados sobre o camiño da Xorxa e da Trapa.
O colectivo veciñal apunta que dende xaneiro de 2010 enviaron xa tres escritos ao departamento que dirixe José Luis Ábalos con esta reivindicación e soamente tivo resposta esta última. Nesta contestación a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia non fai ningunha referencia en mellorar este pasos elevados que carecen de mantemento.
A Asociación Veciñal de Teis recorda que a intención de impedir o paso de vehículo sobre estes dous pasos elevados nos camiños da Xorxa e da Trapa provocou a comparación de concentracións. A mobilización veciñal conseguiu daquela que estes pasos sigan abertos, permitindo o paso de peóns e vehículos.
Estes pasos elevados sobre a autoestrada no camiño da Xorxa e da Trapa construíronse fai 40 anos para impedir a incomunicación nestes lugares de Teis e permitir o paso de peóns e vehículos, así acordouse con “Autopistas del Atlántico” e co Ministerio no ano 1979. Desde entón usáronse sen ningún problema. Antes da existencia da autoestrada, estas vías xa tiñan os usos actuais.
O colectivo veciñal destaca que prohibir a circulación de vehículos por estes pasos elevados suporía un gran prexuízo para a veciñanza ao incomunicar e impedir que podan chegar ambulancias ou vehículos de servizo ás vivendas. “Nestes 40 anos o que puidemos comprobar é a alta de mantemento destes pasos elevados por parte da concesionaria da autoestrada”, expresas dende a Asociación Veciñal de Teis.
Os veciños de Teis xa responderon á misiva do Ministerio denunciando que non entenden que dende o Goberno non se esixa á concesionaria mellorar estes pasos elevados, para aumentar a súa seguridade e a capacidade dos mesmos, “pero teimase en falar de que son pasos peonís”. Outra demanda do colectivo é “coñecer as xestións realizadas por Abel Caballero diante do Ministerio” e recordan que o alcalde vigués afirmou en xaneiro de 2019 que non ía permitir que mutilasen unha parte da cidade.