Podemos-Marea comeza a campaña coa certeza de que "é tempo de medidas sociais"

Publicidad

O candidato de Podemos e Marea de Vigo á alcaldía, Rubén Pérez, presentou este venres o cartel electoral e as liñas xerais coas que esta medianoite a coalición arrancou a campaña electoral. "Temos a certeza de que o traballo coherente destes anos, a vocación de ser representantes dun xeito de facer política rigoroso e apegado á realidade da cidade vai contar co apoio dunha cidadanía crítica, solidaria e que pensa nun modelo de cidade que non deixe a ninguén atrás", explicou.

Acompañado de Meli Vázquez, número 2 da candidatura de Podemos e Marea de Vigo lembrou que o lema de campaña, “Recupera Vigo”, é un chamamento a por en valor unha "secuencia histórica de cidade onde se evitaban os presidencialismo de alcaldes para abrir socialmente as decisións, onde non se masacraba ao movemento veciñal por ser crítico ou demandar melloras para os barrios e parroquias, onde existían empresas e servizos públicos de xestión directa como a empresa municipal de augas EMAVISA ou se desenvolvían programas culturais e sociais participados polo movemento veciñal e o tecido asociativo”.

Podemos e Marea de Vigo presentarán este venres tamén un programa de propostas no que se inclúen 500 puntos de actuación, tanto a nivel de proposta de goberno como de reflexións sobre como ten que ser o municipalismo e a xestión no Vigo para os vindeiros anos.

Salir de la versión móvil