Propoñen en Vigo pirotecnia silenciosa e faixas horarias sen música para unhas festas máis inclusivas

Publicidad

O Bloque Nacionalista Galego interpelou esta maña o Goberno municipal de Vigo na Comisión Informativa de Festas a respecto de se ten previsto implementar faixas horarias sen música e utilizar pirotecnia silenciosa nas festas que o Concello organiza e promove na cidade.

O concelleiro da fronte nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, considera que estas medidas permitirían avanzar cara a uns festexos máis accesíbeis para as persoas con diversidade funcional e sensibilidade acústica e tamén máis respectuosas cos animais.

Neste sentido, o edil nacionalista sinalou que é unha demanda do tecido asociativo que traballa no campo da diversidade funcional e singularmente no ámbito dos trastornos do espectro autista (TEA) polo impacto negativo que ten o exceso de ruído. Ademais, son numerosos os estudos que apuntan nos graves prexuízos que causa a pirotecnia convencional tanto en animais de compañía como en fauna salvaxe.

Trátase de medidas que xa se están a aplicar noutros concellos e que demostrarían un compromiso real coa inclusión, cunhas festas que sexan para todas e todos”, defendeu o portavoz municipal nacionalista.

Salir de la versión móvil