Propoñen retirar o busto de Juan Carlos I en Vigo tras coñecerse a súa suposta fortuna ilícita

Publicidad

Tras o último escándalo de Juan Carlos de Borbón, cando se vén de coñecer publicamente que o rei emérito tería recibido 100 millóns de dólares con orixe de Arabia Saudi, o BNG de Vigo propón a retirada do busto do rei emérito que está instalado na entrada principal da casa consistorial e preside a praza do concello.

“Desde o BNG entendemos que ese comportamento por parte do monarca emérito merece do reproche e da censura social” polo que defenden que diante destes comportamentos corruptos e inmorais cómpre un reproche público e institucional por parte do Concello de Vigo", afirmou o concelleiro da fronte nacionalista, Xabier P. Igrexas.

Para Igrexas este escándalo “pon en evidencia claros indicios de corrupción institucional e de negocios irregulares e ilegais por parte da persoa que ostentou durante moitos anos a xefatura do Estado español” e criticou a incapacidade da Casa Real de “ofrecer unha explicación razoábel e completa e de colaboraren de maneira activa para que se depuren até o final as responsabilidades legais correspondentes”.

Monarquía anacrónica

O rei emérito só merece o reproche e o rexeitamento, tal e como expresaron onte millares de viguesas e vigueses que fixeron resoar a súa indignación nunha impresionante cazolada”, afirmou Igrexas. Un protesto que para o BNG expresa tamén a censura social cara a propia monarquía española como “institución antidemocrática e anacrónica”. “É incomprensíbel que en pleno século XXI a xefatura de Estado sexa asumida por liñaxe de sangue, por razón de berce”, remachan.

Salir de la versión móvil