As obras da primeira fase da humanización da avenida de Vigo, ao seu paso polo tramo comercial do núcleo urbano de Chapela, comezou a principios de abril de 2017. “A día de hoxe seguimos esperando pola resolución da Fase 2 e 3 da humanización da avenida de Vigo, parada dende fai máis de 4 anos”, denuncia a alcaldesa de Redondela Digna Rivas.
Na obra se incluían a renovación integral das beirarrúas e a súa ampliación para facilitar o tránsito de peóns nesta zona concorrida, na que se sitúa o Mercado Municipal, a alameda e os principais establecementos comerciais da parroquia. “Pódese ver claramente onde comeza e onde remata a reforma das beirarrúas. Completaron menos do 50% do proxecto dende que comezou en 2017, cando nun principio prometíaan rematalo en 18 meses”, acalra Rivas.
Como outros moitos grandes proxectos, di o executivo que preside Digna Rivas, “demostrase tempo despois que non eran máis que anuncios puramente electoralistas”. Eses anuncios, engade a alcaldesa de Redondela, “quedan agora en evidencia xa que para esa obra os Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano, según sen recoller nin un só euro”.
"É lamentable que un goberno da Xunta, que se da por sentado que ten que gobernar para todos e todas as galegas e, polo tanto para todos os municipios baixo criterios de equidade, elabore uns orzamentos absolutamente arbitrarios favorecendo aos concellos que lle son afíns e esquecendo, por completo ao resto”.
“O goberno que presido, –recalcou Digna Rivas– non vai quedar cruzado de brazos mirando como se despreza ao cuarto municipio da provincia e como se lle falta ao respecto, de xeito continuado, á súa veciñanza” polo que, a alcaldesa redondelá, adiantou que “utilizaremos todos os medios ao noso alcance para esixir, da Xunta de Galicia, o cumprimento dos compromisos adquiridos con este municipio e coa súa cidadanía”.