Redondela inicia un plan de de todas as marquesiñas de bus

Publicidad

O Concello de Redondela está a desenvolver dende hai semanas un plan de recuperación integral das marquesiñas de transporte público de todo o municipio, infraestruturas que “se atopaban nun lamentable estado de conservación froito da falta de mantemento durante anos”.

Os traballos, dado o mal estado das mesmas, non só se centran na limpeza senón que se trata dunha reparación “a fondo” que inclúe a substitución de elementos e, nalgúns casos, ata o da propia cuberta en aquelas situacións que, o seu grao de deterioro, fagan imposible a recuperación.

A alcaldesa, Digna Rivas, lembrou que o transporte público “non só inclúe ao transporte propiamente dito, senón tamén ás infraestruturas que o rodean e que permiten ofrecer un maior grao de comodidade ás usuarias e usuarios”. Se queremos un transporte público eficiente, engade a rexedora local, “non se pode consentir que as marquesiñas presenten o estado de abandono nos que as tiña o anterior goberno”.

Salir de la versión móvil