Redondela investirá 70.000€ en renovar con alumeado led viais das parroquias

Imagen de archivo

Publicidad

A Concellería de Servizos Públicos Básicos, que xestiona Vicente Lamas e na que se inclúen os Servizos Eléctricos, desenvolverá un ambicioso plan de renovación e modernización do alumeado público das parroquias para substituír as actuais luminarias por outra dotadas de tecnoloxía LED.

Os traballos que supoñen un investimento de preto dos 70 000 euros, serán financiados por fondos propios do Concello e realizados con persoal municipal. Evitar a externalización do servizo é, ao entender da alcaldesa Digna Rivas, “un xeito de diminuír custes e ter control directo sobre os traballos que se realicen" xa que o Concello conta con persoal "máis que cualificado no servizo eléctrico" para a realización destas tarefas.

Os traballos a realizar permitirán a substitución, nunha primeira fase, de preto de 1.000 luminarias que serán cambiadas por outras de tecnoloxía LED de maior duración e menor consumo o que permitirá un substancial aforro ás arcas municipais e, a maiores, reduce a denominada 'pegada de carbono', diminuíndo as emisións de CO2.

A estas labores sumarase o cambio do cableado do tendido eléctrico “naqueles lugares que as circunstancias e os informes técnicos o fagan preciso para, desa forma, optimizar o servizo que prestan”, explicou a alcaldesa.

Salir de la versión móvil