Redondela pechou este domingo a celebración dunha das súas festas más importantes do ano. A Festa da Coca 2021 saíu adiante. Fíxoo cun protocolo Covid, pero ese espírito de celebración emerxeu estes días na vila pontevedresa. A cita rematou este domingo cunha xornada que comezou coa confección da alfombra en Vilavella.
A boa meteoroloxía axudaba a que houbera ambiente nas rúas de Redondela. Todo estaba preparado para que a Banda de Música de Chapela desfilará pola vila. Pouco despois, ás 11:30 horas, pequenos e maiores gozaban co pasarrúas da Coca e os Xigantes e Cabezudos, que estiveron acompañados polo grupo de gaitas O Carballo das Cen Polas.
A arte das alfombras florais, os pasarrúas, as actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona ou Sabela Cereijo foron algunhas das propostas que protagonizaron esta Festa da Coca de Redondela marcada polas restricións que impón a emerxencia sanitaria da Covid. “Non son as festas de sempre, as que nos gustan a todas as redondelás e redondeláns, pero son, pese a todo, as festas da Coca”, insiste a alcaldesa Digna Rivas ao mesmo tempo que adianta que “o vindeiro ano, en que esperemos a pandemia estea superada, Redondela vivirá unhas Festas da Coca como sempre foron, de celebración nas rúas, coa Danza das Espadas e das penlas que forman parte inseparable da nosa propia identidade”.
Paseos e conversas
GALERÍA DE FOTOS
Fotos: Marta Vázquez