Redondela realiza unha limpeza integral do Casco Vello que chegará a mais áreas do municipio

Publicidad

Redondela limpa o Casco Vello con medidas e equipos de reforzo de hidrolimpeza co obxectivo de eliminar o verdello e "baldear o casco histórico tratando devolverlle a súa beleza e valor patrimonial sen danalo", explican dende o Concello. Unha vez rematadas as limitacións do uso da auga pola sequía xeneralizada, o Concello comeza o proxecto de limpeza que arracou no Casco Vello e pretende extenderse as áreas máis concurridas e íconicas do municipio, como a Alameda de Castelao ou a zona de Vila Vella para seguir en Chapela.

A limpieza consistiu en baldedo e saneamento de beirarrúas e camiños. O equipo de limpeza e xardinerería especializado utilizou hidrolimpiadorades de gran potencia para limpar respetando a pedra e os edificios históricos. As zonas xa rematadas corresponden a Rúa da Prata, Rúa da Leña, Rúa Calella de Don Basilio, Rúa das Regateiras. Ademais das escaleiras colindantes entre a Rúa Picota, Rúa da Leña e Regateiras; e as escaleiras entre a Rúa Ribeira e a Rúa Leña.

Esta iniciativa ten como obxectivo "adecentar o casco antigo para o goce e uso dos veciños e veciñas de Redondela, ademais de prevenir os efectos das choivas otoñais que tenden a gastar e envellecer a pedra", sinala a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

O procedemento de limpeza e baldeo continuará do mesmo xeito na zona da Alameda de Castelao, Vila Vella, pasando pola Rúa Regojo, Rúa Alfonso XII, Rúa General Rubín e a Rúa de Ribadabia.

A rexidora local lembra que, "este Goberno aposta polo benestar dos veciños e veciñas. Esta actuación levábase anos sen facer e únese a outras xa acometidas no municipio coa intención de ofrecer un servizo e transformar a vila nunha urbe máis afable coas persoas, como quedará demostrado coa Praza de Ponteareas e as obras que se están a levar a cabo na Picota".

Salir de la versión móvil