Regresan os Bonos Activa Comercio, con descontos de 30 euros nos establecementos participantes

Publicidad

Os Bonos Activa Comercio regresan este ano a Galicia. A iniciativa lanzada pola Xunta coa finalidade de dinamizar e reactivar o sector do comercio de proximidade mobilizará nesta segunda edición máis de 17 millóns de euros en compras. Este programa, que se porá en marchas nas vindeiras semanas, permitirá aos galegos contar cun bono desconto de 30 euros para gastar nos comercios adheridos a esta acción que foi todo un éxito na súa primeira edición e coa que se beneficiaron máis de 230.000 clientes.

O desconto con este bono será en función do valor da compra. Deste xeito, as compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros contarán cun desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para aquelas compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta última cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. O período de validez dos bonos estenderase ata o 15 de decembro, salvo esgotamento previo do seu saldo. Os bonos terán un formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización a través dunha aplicación móbil.

Co lanzamento desta segunda edición dos Bonos Activa Comercio, o Executivo autonómico busca continuar estimulando as vendas, sobre todo no pequeno comercio, e incrementar e fortalecer a reactivación do comercio retallista, contribuíndo a afrontar o duro impacto da actual situación económica.

A Xunta de Galicia destina neste programa un total de cinco millóns de euros, unha acción que se suma a outras liñas de axudas adicadas ao comercio galego promovidas pola Administración autonómica, como a transformación dixital e a modernización do sector, así como para a dinamización e incentivación do consumo a través dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes ou o impulso ás prazas de abastos.

Salir de la versión móvil