• Fiestas de Bouzas
  • Restaurantes en Vigo
  • Calor en Galicia
  • Fiesta Callos Vigo
  • Aquapark Cerceda
  • Muerte Redondela
  • Narcotráfico
  • Preservativos gratis
  • Castelao cuadro
  • Rally das Donas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Socios de seis países lanzan en Vigo un proxecto para promocionar o desenvolvemento sostible

Socios de seis países lanzan en Vigo un proxecto para promocionar o desenvolvemento sostible
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/01/2024

Socios de seis países -España, Italia, Chipre, Macedonia, Turquía e Francia- participan esta semana en Vigo na reunión de lanzamento do proxecto europeo Up2You, un traballo dirixido a fomentar a cooperación entre as universidades, a administración pública, as empresas e a sociedade na promoción do desenvolvemento sostible e inclusivo das diferentes comunidades locais.

Financiado pola Unión Europea con 400.000 euros e coordinado desde a Universidade de Vigo, a idea é pór en marcha múltiples actividades, desde cursos con formatos innovadores ata laboratorios de innovación, que apoien a colaboración a longo prazo nos sectores de educación superior e de organización da sociedade civil para a promoción dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, ODS.

Másnoticias

Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos

Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos

08/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026

“No grupo de investigación Organización do Coñecemento levamos anos traballando na idea de desenvolver sinerxías entre os ámbitos académico e social”, explica o profesor e investigador da Universidade de Vigo Tony Crespo, coordinador xeral do proxecto, que foi o encargado de darlle a benvida aos asistentes, xunto coa directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación, Eva Garea. A xuntanza prolongarase ao longo deste mércores e xoves no edificio Redeiras.

Actividades abertas ao conxunto da sociedade

Tal e como explicou Crespo a proposta xurdiu dos resultados de varios proxectos de investigación previos “e da posibilidade que nos daba esta convocatoria Erasmus+ da UE de colaborar con institucións educativas de outros países”. Os socios centraranse agora, segundo explicou, no desenvolvemento e intercambio de información sobre os resultados da implantación de prácticas de aprendizaxe inclusivas e sustentables desenvoltas de xeito colaborativo entre todas as partes interesadas e que sexan de aplicación a todas as comunidades locais.

Non se trata só de pór en marcha novos cursos. “Hai outras accións que resultarán do proxecto como son, por exemplo, os Living Labs, que funcionan como laboratorios onde os usuarios participan constantemente con modelos de innovación e nos que se integran procesos de investigación en comunidades e contextos reais”, explica o docente vigués.

A intención é que nas diferentes actividades que se poñan en marcha non participe unicamente o alumnado universitario, senón que se abran ao conxunto da sociedade, “xa que esta será a mellor maneira de conseguir os obxectivos propostos”. De todas maneiras, remarcan tamén a importancia da adquisición por parte do alumnado universitario de competencias de sustentabilidade, o coñecemento dos 17 ODS como ferramentas de traballo e o compromiso arredor dos mesmos, xa que isto “contribuirá a estimular o seu interese pola comprensión das problemáticas do desenvolvemento sostible e facilitará que poidan converterse en axentes de cambio, de xeito que sexan eles os que lideren os traballos de cara a consecución final dos ODS”.

Oito socios de moi distintos perfís

No consorcio participan oito socios de países con diferentes culturas e que desenvolven as súas actividades en diversos ámbitos. Son entidades moi heteroxéneas en canto ao tipo de traballan que realizan, pero cuxo nexo común é “a súa importante experiencia e elevada cualificación”, explica Crespo.

Como exemplos dalgunha das entidades participantes poden mencionarse a Fondazione Comunitaria di Agrigento e Trapani, que é unha fundación italiana que busca a promoción de programas de infraestrutura social para contribuír ao desenvolvemento solidario das persoas e organizacións do terceiro sector no seu territorio; da Association Européenne pour la Democratie Locale, asociación francesa dedicada ao fomento da boa gobernanza e a participación cidadá que xa levou a cabo un gran número de proxectos con métodos participativos e cooperación descentralizada, ou da Sega (Koalicija na Mladinski Organizacii Sega Prilep), plataforma nacional de organizacións xuvenís da República de Macedonia comprometida co apoio ao activismo xuvenil e a posta en marcha de accións para mellorar as condiciones para desenvolvemento persoal e profesional dos mozos.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nace un nuevo restaurante en Vigo para recuperar "el sabor de siempre" con un "toque único"
Enfoque

Nace un nuevo restaurante en Vigo para recuperar "el sabor de siempre" con un "toque único"

...

PorSara Rodríguez
08/06/2026
Subastan en Vigo el barco "Gure Leire", apresado con 2.500 kilos de cocaína, por 62.000 euros
Enfoque

Subastan en Vigo el barco "Gure Leire", apresado con 2.500 kilos de cocaína, por 62.000 euros

...

PorUxía Pérez
08/06/2026
La Xunta cierra una oficina de Augas de Galicia en Vigo por "optimización" de recursos
Enfoque

La Xunta cierra una oficina de Augas de Galicia en Vigo por "optimización" de recursos

...

PorEuropa Press
08/06/2026
El BNG critica que Caballero niegue "de forma cínica" el problema de los desahucios en Vigo
Enfoque

El BNG de Vigo denuncia que el gobierno local ha desatendido miles de reclamaciones vecinales

...

PorMiguel Alonso
08/06/2026
Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos
Enfoque

Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos

PorMetropolitano
08/06/2026

¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X