Tui considera un "éxito" o uso das biotrituradoras e mantén o programa de cesión gratuíto

Publicidad

Son diversas as iniciativas postas en marcha polo Concello de Tui a prol do medio ambiente. En decembro de 2022 comezou o Servizo de permiso de uso de Biotrituradoras e até a actualidade estas biotrituradoras municipais foron empregadas xa en 68 ocasión, o que é considerado un éxito da iniciativa, e demostra a utilidade do servizo para a cidadanía.

O concello de Tui conta con 4 máquinas biotrituradoras que, de forma gratuíta, son cedidas en uso durante unha semana, xunto cos elementos de protección auditiva e visual e un manual de uso. Coas mesmas pódense triturar restos de poda de até 4 centímetros de grosor, evitando a súa queima, e facilitando o seu uso por exemplo coma estruturante para os composteiros individuais.

Así con este servizo municipal contribúese a minimizar a queima de material vexetal que é unha das prácticas comúns de xestión dos restos de poda e que ten un custe ambiental moi elevados debido a xeración de gases de efecto invernadoiro e a perda de materia orgánica do solo. Tamén, coma se sinalou, co material obtido ofrecese un complemento en forma de viruta de madeira esencial para os proceso de compostaxe ao aportar este tipo material e mellorar a calidade do compost xerado tanto a partir de composteiros como mesmo ao realizado en pilla.

As persoas interesadas poden solicitar o uso da biotrituradora descargando o impreso de alta no servizos e a solicitude de autorización de uso dispoñibles na páxina web do Concello de Tui. Estes documentos débense presentar xunto cunha instancia xenérica no rexistro de entrada do Concello ou a través da sede electrónica.

Salir de la versión móvil