Tui exporá os seus encantos en Fitur 2020

Publicidad
Imaxe de Tui // FOTO: GUS ABREU

Galicia quere conquistar Fitur. A Deputación de Pontevedra e Vigo xa amosaron as súas armas para atraer máis turistas neste 2020. Outro dos espazos de máis beleza en Galicia é Tui. O municipio baixomiñoto será protagonista na xornada deste mércores 23 de xaneiro en diferentes actividades. O alcalde Enrique Cabaleiro participar no acto institucional no stand da Red de Juderías, que está situada no Stand 9AO4B, con especial presenza dos novos socios deste colectivo, un deles Tui, que foi incorporado no pasado 2019.

Durante a xornada, Tui tamén estará presente na presentación do xeodestino Baixo Miño no stand de Turismo de Galicia, un espazo que acollerá a presentación dun novo produto turístico da comarca no que Tui ten especial protagonismo.

Uns intres despois, o municipio baixomiño formará parte da presentación “Legado judío en Galicia. Monforte, Ribadavia y Tui”, que terá de novo no stand de Turismo de Galicia. Neste “speech” participarán o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro, os seus homólogos en Monforte de Lemos e Ribadavia, a directora de Turismo de Galicia e o xerente da Red de Juderías de España.

Ademais das presentacións, o rexedor tudense manterá contactos con outras organizacións de carácter turístico e cultural e relacionadas con Camiño de Santiago co obxectivo de impulsar a promoción turística da nosa cidade e o seu territorio, dende o convencemento que estamos diante dun sector estratéxico para a nosa cidade ao que cómpre apoiar e impulsar.

A presenza tudense en Fitur, auténtico escaparate do sector, é unha nova oportunidade para promover o coñecemento dos recursos turísticos de Tui, centrados no patrimonio cultural tudense e a ruta xacobea.

Salir de la versión móvil