↥Publicidad
O Concello de Tui vén de renovar as marquesiñas nas parroquias de Rebordáns, Pazos de Reis, Baldráns, Caldelas, Malvas e Paramos, utilizadas polo alumnado que emprega o servizo de transporte escolar para agardar aos autobuses que diariamente os levan aos seus centros educativos.
Ante o mal estado de conservación que presentaban estes elementos, o Concello decidiu levar a cabo renovación destas marquesiñas con fondos propios, sendo realizadas e instaladas polos operarios municipais.
O Goberno municipal explica, nun comunicado de prensa, que o seu obxectivo é "continuar a renovación das marquesiñas nas parroquias restantes, co obxectivo de completar a substitución destes elementos antes do inicio do novo ano".