Un novo balcón nas Neves para gozar do amencer e o solpor

Publicidad

O Xeodestino Condado Paradanta, dependente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, está a potenciar o proxecto dunha rede de miradoiros nos concellos que forman parte do mesmo, financiados nunha grande porcentaxe con fondos procedentes da Xunta de Galicia. Este proxecto, que ten un orzamento de máis de 37.000 euros contempla un miradoiro de iguais características en cada vila e no cal o das Neves será en San Nomedio, na parroquia de Taboexa.

Neste espazo estase a rematar unha construción en forma de tubo que servirá de guía para mirar ao leste, cara ao nacemento do sol -ao amencer- e ao oeste-ao solpor- ofrecendo unha vista panorámica de boa parte das Neves. A outra parte do deseño abrangue a instalación do observatorio nocturno, mediante unha serie de pezas en forma de circunferencia que serven para asentarse e observar o ceo e as estrelas.

O miradoiro de San Nomedio atópase a 694 metros de altitude nun monte de grande pendente, pertencente aos montes da Paradanta, aberta a impresionantes vistas sobre o val do Termes e do Xuliana, ademais do Miño, xa máis lonxe, abarcando, xunto a parte das Neves, o norte de Portugal.

Salir de la versión móvil