Un estudo do Grupo de Investigación de Diagnóstico por Imaxe do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, vinculado ao servizo de Radiodiagnóstico do Hospital Álvaro Cunqueiro ven de recibir un premio “Cum Laude” no Congreso Europeo de Radioloxía.
O traballo, titulado “Como preparar os equipos de TAC dun servicio de Radioloxía para estudos de radiómica”,se enmarca nun proxecto multidisciplinar liderado polo grupo de investigación do Hospital Álvaro Cunqueiro, no que tamén participan o Hospital Ribera Povisa, o Hospital Universitario Central de Asturias e o Clinic de Barcelona.
O obxectivo do traballo é explicar a preparación que necesita un Servicio de Radioloxía para que poida utilizar as imaxes adquiridas cos seus diferentes escáneres de Tomografía Computerizada (TC) en estudos de radiómica.
Axuda artificial para o proceso diagnóstico
A radiómica é unha disciplina baseada na consideración de que as imaxes médicas conteñen máis información da que o ollo humano pode visualizar e procesar. Existen unha serie de variables numéricas asociadas a esas imaxes, que poden obterse de xeito matemático e obter novos biomarcadores cuantitativos que podan resultar preditores para diferentes patoloxías.
Segundo afirma a autora principal deste estudo, a física do IIS Galicia Sur, María Aymerich “trátase de extraer información numérica da imaxe médica, co obxectivo de que estos biomarcadores sexan unha ferramenta de soporte para o diagnóstico por imaxe e axuden ao radiólogo nese proceso diagnóstico e na decisión clínica”.