Unha marea de voluntarios contra os microplásticos nas praias

Publicidad

Máis dun cento de persoas participou este mediodía en Patos na novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega e promovida en Nigrán polo Concello e a Asociación de Escolas de Surf de Patos (inicialmente programárase para o sábado 19 de outubro pero debido á choiva trasladouse a este). Así, de 11:00 a 12:00 horas os voluntarios recolleron seis sacos cheos fundamentalmente de microplásticos, cabichas, paus de chupa-chups, envoltorios… e até unha tubaxe duns 4 metros de lonxitude.

Esta actividade preséntase coma un "acto simbólico", nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

Salir de la versión móvil