A estación experimental agrícola do Baixo Miño, ubicada na parroquia de Entenza, realizou unha donación de árbores para as Comunidades de Montes de Salceda de Caselas afectadas polos incendios de 2017: Comunidade de Montes de Santa María, Picoña, San Xurxo, Parderrubias e Santo Estevo de Budiño.
A acción enmárcase dentro do programa de colaboración do Centro co Concello de Salceda de Caselas como unha medida integradora dentro da xestión forestal, promovendo a sinerxia entre as dúas entidades co obxectivo de mellorar o entorno. Neste caso, o director da estación, Manuel Riveiro, prantexou axudar ás comunidades de montes que aceptaron e agradeceron a donación.
Grazas a esta colaboración, as comunidades de montes terán a súa disposición un total de 1.300 sobreiras (Q suber), 150 carballos (q robur) e 80 roble americano (Q rubra), destinados a espazos cercanos aos núcleros de poboación coa finalidade de crear zonas naturais de protección que eviten a propagación de incendios. A estación experimental realiza a donación con intención de que se repita nos vindeiros anos, establecendo así unha relación continua coas diferentes comunidades de montes de Salceda.
O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Medio Rural que dirixe Carla Pérez, serviu de nexo de coordinación entre a estación e as comunidades, agradecendo a implicación amosada pola estación experimentada, así como a boa acollida por parte dos responsables das comunidades de montes.